Cooperativa e Xacobeo farán unha promoción conxunta

A Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, e a marca Xacobeo xúntanse nun proxecto de promoción nacional e internacional. As instalacións de Valdepereira, en Ribadavia, acolleron onte o acto para a sinatura do acordo de colaboración no que participaron Manuel García Montero, representante da Vitivinícola do Ribeiro Sociedade Cooperativa Galega, e por parte de Xacobeo asinou o seu xerente, José Paz Gestoso.
En virtude deste acordo, a sociedade dependente da Secretaría Xeral para o Turismo comprométese a promocionar os produtos de Viña Costeira nos actos e eventos que organice o longo do ano 2013. Deste xeito, nas actuacións informativas ou divulgativas e mais nas publicacións que se fagan relacionadas coas actividades obxecto do convenio farase constar en lugar destacado a colaboración entambos e utilizaranse os signos distintivos de cada unha das entidades.

Te puede interesar