Espectáculo en Avión para aprender inglés

O Centro multifuncional de Avión acolle hoxe, ás 12,00 horas, un espectáculo musical arredor de “A miña lingua, a túa lingua”, de Oviravai, inscrito no FalaRedes, programa de dinamización lingüística da Xunta de Galicia. Publicado na colección Álbum de Galaxia, “A miña lingua a túa lingua” introduce aos nenos na lingua inglesa a través de ritmos moi pegadizos e rockeiros.

Todos poderán aprender conceptos básicos de inglés, a través do galego como lingua vehicular, divertíndose co personaxe “teacher Lu”, que fará que a aprendizaxe sexa moi doada.
As ilustracións de David Ouro adobian esta obra, na que se pode acceder a todas as cancións e demais material audiovisual escaneando o código QR que hai no interior do libro.

Este proxecto editouse ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.

Oviravai é unha compañía galega, dedicada ao desenvolvemento de contidos educativos e culturais para público familiar.

Te puede interesar