LEIRO

A Estación de viticultura preséntase en As Neves

O acordo contempla o desenvolvemento de tres actividades formativas entre os meses de febreiro e xullo de 2017

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) fai hoxe una presentación oficial aos adegueiros e viticultores do concello das Neves. O evento encádrase no marco dun acordo de colaboración para potenciar o sector do viño nese municipio asinado polo director da Evega, Juan Casares, e o alcalde do concello, Xosé Manuel Rodríguez. O acordo contempla o desenvolvemento de tres actividades formativas entre os meses de febreiro e xullo de 2017. A primeira foi un curso de poda, agora a presentación formal e o 7 de xullo a presentación das conclusións do proxecto de viños ecolóxicos. 

Te puede interesar