As Forzas de Seguridade reforzarán a vixilancia nos eventos culturais e festivos

A Xunta Local de Seguridade de Ribadavia constata un descenso nos delitos e faltas nos últimos 11 meses. O total das infraccións penais na comarca do Ribeiro reducíronse nun 19,79%, segundo os datos aportados polos membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local, que participaron nesta xunta, presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco Jorge. Deste xeito, sinalan dende junio do 2011 unha reducción de un 7,7% no número de delitos, que foron 48; mentres que as faltas baixaron nun 34,1%, sendo un total de 29.
Roberto Castro calificaba Ribadavia como unha das vilas máis tranquilas da provincia ó mesmo tempo que se comprometía a reforzar os dispositivos de prevención delictiva na época estival, tendo en conta o gran número de eventos culturais e festivos que se celebran.

Os casos de violencia de xénero tamén están no punto de mira da Xunta Local de Seguridade. 'O seguimento realízase conxuntamente pola Policía Local e a Garda Civil, baixo unhas directrices de coordinación perfectamente delimitadas para dar unha protección integral ás vítimas', indicaron fontes da xunta local. Neste marco asináronse os acordos de colaboración entre o Ministerio do Interior (Secretaría de Estado de Seguridade) e cinco concellos da provincia de Ourense entre os que se atopa Ribadavia, para a incorporación da Policía Local ao 'Sistema de Seguimiento Integral de los casos de Violencia de género'.

O labor de concienciación canalizouse a través de charlas informativas desarrolladas nos institutos e colexios, dentro do Plan Director, que tamén fai referencia á educación vial dos maiores.

No 2011 efectuáronse en Ribadavia sete denuncias de violencia sobre a muller, e no ano 2010 foron 10, polo que decreceron nun 30%. No que levamos de 2012, hai catro denuncias; cinco no período equivalente do ano 2011. O alcalde, Marcos Blanco, tamén valorou positivamente este descenso, destacando a calidade de vida na vila.

Te puede interesar