Francisco Lorenzo Amil: "Xosé María Chao foi o inventor da carta bomba"

O escritor Francisco Lorenzo Amil.
photo_camera O escritor Francisco Lorenzo Amil.
Entrevista a Francisco Lorenzo Amil, licenciado en filosofía e en Xeografía e Historia, investigador y escritor

Francisco Lorenzo Amil, licenciado en Filosofía  e en Xeografía e Historia, explica de que trata o seu libro publicado recentemente: “Liberalismo decimónico: Ilustres “ribeiranos”. Un libro que trata de vender a traxectoria dos persoaxes ilustres do século XIX da comarca do Ribeiro no que se fundamenta en fontes documentais, tanto da administración pública coma persoais. O libro está en plataformas  a venda, en “Editorial Círculo Rojo”, para quen queira mercalo e profundizar na historia da comarca.

A que se debe o nome do libro?

Investiguei profundamente e paseino de maneira didáctica e saiu bastante ben. No libro que escribín, utilizo sempre entrecomillado ”ribeiranos”, porque é un xentilizo que non está moi ben definido.

De que trata?

Quixen versionar un pouco a historia desta comarca do Ribeiro. A maioría coñece esta zona polo aspecto medieval, pola historia moderna. Os edificios que ten son incríbles, a principios do século XIX tiña catro parroquias, que rivalizaban entre elas. E por suposto, o castelo de Ribadavia. Nesta vila temos clero secular e clero regular (teñen dous conventos, Santo domingo e San Francisco). Estaban moi ben situados, é un clero regular que vive da mendicididade.

Que séculos abarca?

Esta historia está recollida en Ribadavia, que é un diamante en bruto niste aspecto. A historia parecía centrarse en todo o anterior, é moi relevante en canto as persoas desta comarca no século XIX. Trato tamén as postrimerías de finais do século XVIII e século XIX. Vou reconstruindo a historia do Ribeiro e a política que se vai desenvolvendo ao longo de finais do século XVIII e XIX en España.

Que enfoque lle da a historia?

Trato de ver esta perspectiva dende un punto de vista filosófico. Xeográficamente a comarca do Ribeiro estaba moi ben situada, co límite coa provincia de Pontevedra. O Ribeiro é un motor importante, a través de persoaxes que foron relevantes e que foron importantes a través dos mecanismos do liberalismo.

Que persoaxes nomea?

Temos unha relevancia en canto a persoaxes que estaban no anonimato a nivel galego/nacional, pero a xente de Ribadavia coñéceos e istes persoaxes foron capaces de desenvolver a economía local. No caso de Adolfo Merelles, nomeado nos episodios nacionais por Benito Pérez Galdós, decindo que foi un dos políticos  máis importantes da época. Esto todo comeza con Pedro Cortiñas, un diputado nas Cortes de Cadiz, e natural do Ribeiro. Fíxen un artigo para La Región e para a Real Academia Galega. A partir da reconstrución do século XIX, comezaron a aparecer persoaxes a nivel nacional, non só local. Había uns ingredientes necesarios. Cos mosteiros e os dous conventos, había realmente unha boa formación. Quero destacar a Xosé María Chao como un radical e o inventor da carta bomba, o primeiro que fixo unha. Un xeneral descubrea e lle voaron os dedos

Como está estructurado o libro?

O libro ten un argumento que está estructurado por períodos do século XIX. Comeza co que sucede a finais do século XVIII e principios do XIX. Trato os conflictos do conde de Ribadavia e os represantes do pobo, que tiñan voz pero non voto. Unha loita da burguesía coa nobleza. Sigo coa Guerra da Independencia, e trato os temas do liberalismo, absolutismo e os afrancesados. Paso polo reinado de Fernando VII, tanto no Sexenio Absolutista, coma no Trienio Constitucional. Cada capítulo, falo dunha persoaxe. Falo de 27 persoaxes, que teñen de 4 a 6 follas cada un. Non quixen facelo moi cargado. Os datos os poño nas notas, para o que queira profundizar máis. O libro preséntanos unha historia documentada, cun lenguaxe académico pero que se entende perfectamente.

Cales son as súas fontes bibliográficas?

Nas miñas fontes bibliográficas teño un documento de 1876, sacado no Archivo Histórico Nacional, onde a Administracion Central lle pide as autoridades locais de Ribadavia que esclareza que selos usan no Concello. Neste escrito, o Concello remite a contestación con tres selos que utilizan, un é o escudo de Ribadavia, que estaba metido no selo. O segundo selo pertence a patroa da zona e o terceiro é un anagrama da alcaldía. A bibliografía tratei de resumila bastante, recollo de fontes impresas, archivos da Biblioteca Nacional, da Consellería (que ten archivos de ata 1806).

Te puede interesar