TERMALISMO

A fundación de Prexigueiro reclama melloras nas termas

Las termas de Prexigueiro
photo_camera As Termas de Prexigueiro, situadas no municipio de Ribadavia.

Plantexa á empresa concesionaria que faga dúas pozas públicas, un restaurante e bungalows

O padroado da Fundación Vila Termal de Prexigueiro acordou onte, segundo unha proposta dos grupos municipales BNG e Ribeiro en Común, trasladar un escrito oficial á empresa concesionaria das Termas de Prexigueiro lembrandolle a obrigación que ten de cumprir o contrato de concesión, polo que debe acondicionar dúas pozas na zona exterior do balneario para uso público. O acordo inclúe que se reforme e arranxen as zonas da ribeira do Complexo Termal de Prexigueiro, para dotar a dito complexo dunha parte pública que sexa complementaria da actualmente existente e, ademais, que inicie o proceso de construción do restaurante e bungalows, aos que se comprometeu a empresa no contrato.

O BNG e Ribeiro en Común afirman que a ampliación do proxecto xa fai anos que se pode levar a cabo, "a pesar de que sempre se empregou como coartada por parte do goberno municipal, para non esixirlle ditas obrigas á empresa, a aprobación do PXOM", matizan.

Os dous grupos da oposición sinalan que se pode construir o restaurante e os bungalows segundo certificaron os técnicos da Xunta de Galicia, "que afirmaron que coa normativa urbanística actual xa era e é posible a realización das obras. Polo cal a súa demora obedece única e exclusivamente á permisividade que se deu desde o goberno local".

O BNG e Ribeiro en Común agardan que agora se leven a cabo os compromisos contractuais por parte da empresa, xa que de non cumprirse demandarán ao Concello que se lle rescinda o contrato, tal e como se recolle nunha cláusula do mesmo, e así convocar un novo concurso de explotación das Termas de Prexigueiro.

Dentro dun mes o padroado manterá unha nova reunión, estando previsto que asista a empresa para que presente un proxecto de actuacións.

O alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, que preside a fundación, afirma que a empresa está interesada en facer a ampliación, incluso cun hotel, e matiza que ata o 2013, en que se modificou a Lei do Solo, non se podía construir e por eso o proxecto estaba pendente da aprobación do PXOM. Agora, será suficiente con aprobar unha modificación puntual urbanística. En canto ao acondicionamento dun espazo público, sinala o alcalde que haberá que estudar como se vai facer para o seu mantemento. 

Te puede interesar