política

O grupo Ribeiro en Común critica obras realizadas sen valoración

Ademais, critican que os traballos sexan superficiais en non inclúan a renovación das redes de abastecemento e de subministro eléctrico

O grupo municipal de Ribeiro en Común en Ribadavia vén de solicitar ante o Concello as memorias valoradas e informe técnico previo para algunhas das pequenas obras que se están a levar a cabo tanto no núcleo urbán da vila como na localidade de Francelos. Nesta última, este grupo da oposición na Corporación ribadaviense apunta que "faise unha reparación nun camiño público sen memoria valorada nin da obra nin do gasto municipal a realizar, algo que choca contra toda legalidade e funcionamento dunha Administración".

Ademais, critican que os traballos sexan superficiais en non inclúan a renovación das redes de abastecemento e de subministro eléctrico. Por outra banda, Ribeiro en Común, ó igual que xa fixera o PP, pon de manifesto que as obras de pavimentado de beirarrúas nos accesos a Santo Domingo "están modificadas na execución e, polo tanto, incumpren o proxecto orixinal presentado".

Te puede interesar