SEGURIDAD VIAL

O grupo Ribeiro en Común pide máis seguridade cidadá e vial

Tamén piden a instalación de pasos de peóns e badéns en San Paio, antes do cruce coa estrada a Castrelo, e na estrada que une San Paio con Castrelo, así como nas entradas dos núcleos de Francelos e San Cristovo. 

O grupo municipal de Ribeiro en Común presentou dúas mocións por vía de urxencia para o seu debate na sesión plenaria da Corporación de Ribadavia, que foi convocada para hoxe pola alcaldía. Na primeira, esta formación política solicita que se dote de maior orzamento á Policía Local para poder levar a cabo unha maior presenza policial polas noites. Asemade, tamén pide que se coordine a vixiancia coa Garda Civil a fin de mellorar a seguridade no municipio.

O voceiro de Ribeiro en Común, Brais Fidalgo, apunta que "despois de que se producira un novo roubo nas instalacións deportivas do Xestal, o noso grupo solicitou que se intensificara a vixiancia das instalacións municipais polas noites. En relación con isto, recibiron un informe da Policía Local no que se detalla que o servizo nocturno non funciona en determinados periodos e meses. Nunha segunda proposta, o mesmo grupo político solicita o acondicionamento das beirarrúas que enlazan a vila cos núcleos de San Paio, San Cristovo e Francelos,  xa que se atopan nun estado moi deteriorado.

No mesmo sentido, tamén piden a instalación de pasos de peóns e badéns en San Paio, antes do cruce coa estrada a Castrelo, e na estrada que une San Paio con Castrelo, así como nas entradas dos núcleos de Francelos e San Cristovo. 

Te puede interesar