TERMALISMO

O grupo Ribeiro en Común reclama obras nas termas de Prexigueiro

A maiores, a proposta tamén tenta a creación dun Plan integral para o desenvolvemento turístico de Ribadavia

O grupo municipal de Ribeiro en Común (ReC) de Ribadavia rexistrou unha moción que busca como obxectivo principal mellorar a actual oferta termal a través da mellora da zona pública do balneario de Prexigueiro, en actual estado de abandono. A maiores, a proposta tamén tenta a creación dun Plan integral para o desenvolvemento turístico de Ribadavia, coordinando o sector termal co patrimonio e o enoturismo, cuestión esta que na actualidade non se cumpre, según o voceiro desta formación política, Brais Fidalgo.

Un dos aspectos que comenta o concelleiro, é o non cumprimento das cláusulas asinadas en novembro de 2006 pola Fundación Termas de Prexigueiro, da que forma parte o Concello de Ribadavia, e a empresa que explota o balneario. Entre elas destaca o “compromiso a realizar dúas pozas na zona exterior do balneario para uso público”. Asemade, Fidalgo tamén cita outras cuestións que se poden mellorar, como a situación de deterioro doutras pozas naturais que se atopan na contorna do río Cerves. 

Te puede interesar