Inauguración da exposición 50 Anos da Feira do Viño do Ribeiro

Con motivo da 50 edición da Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrara en Ribadavia nos días 3, 4 e 5 de maio, e dentro do programa de actividades que conmemoran esta edición, presentarase a exposición 50 Anos da Feira do Viño do Ribeiro. A inauguración terá lugar ás 20,00 horas de mañá, no patio do Museo Etnolóxico, espazo que albergará a exposición durante o período que permaneza aberta ao público.
Está estruturada en once paneis, un dedicado especificamente á primeira celebración e os 10 restantes agrupan as edicións en períodos de cinco anos. Cada panel inclúe imaxes, documentos, programas e artigos de prensa, ademais dun texto explicativo do quinquenio correspondente. Permanecerá aberta ata o día 2 de xullo, os martes e venres, de 10,00 a 14,30 horas e de 16,00 a 20,00 horas, e os sábados e domingos, de 11,00 ás 14,30 horas.

Usamos cookies para ofrecerle una experiencia mejorada. Al usar este sitio acepta el uso que hacemos de las cookies Más información >