“Lola Touza” conciencia a favor de máis igualdade

Participantes na Mesa de Coordinación.
photo_camera Participantes na Mesa de Coordinación.
A través das xornadas preténdese concienciar e sensibilizar sobre a magnitude da violencia

O Concello de Ribadavia celebrou no día de onte unha Mesa de Coordinación para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero. Fíxose unha análise da incidencia da violencia de xénero no municipio e tratáronse propostas de actuacións cara a prevención e abordaxe da violencia de xénero nas diferentes institucións, sectores poboacionais e centros educativos.

Nesta mesa de seguimento estiveron presentes, ademais da alcaldesa, Noelia Rodríguez, o concelleiro de Servizos Sociais, Brais Fidalgo; a Xefa da Unidade Contra a violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, María Alida Iglesias; a Garda Civil do municipio; o representante do Equipo da Muller e o Menor, Aser Moreiro, ou as traballadores sociais do Concello de Ribadavia e do centro de saúde. 

Ademais das actividades levadas a cabo con motivo do 25N, durante os meses de xullo, agosto e setembro, no Concello de Ribadavia, púxose en marcha un programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero denominado “Lola Touza”, no que se deu atención, apoio e orientación ás mulleres vítimas de violencia e aos seus fillos. A través destas xornadas  procúrase concienciar e sensibilizar á sociedade e facer reflexionar sobre a magnitude da violencia. Tanto educadoras como os membros da mesa, consideran que a educación é a base para esta concienciación e non só nos centros educativos é onde hai que levalos a cabo, senón tamén no entorno familiar.

Te puede interesar