Louredo de Cortegada xa dispón dunha zona de recreo

Os veciños de Cortegada xa teñen a zona de As Chairas, en Louredo, completamente acondicionada para levar a cabo reunións sociais e veciñais e organizar as diferentes actividades culturais e lúdicas que se desenvolven ó longo do ano. O Concello executou o proxecto, empezando coa reforma da antiga escola, hoxe destinada a local social.
Por outra banda, no entorno colocáronse aparellos biosaudables, ó mesmo tempo que se adecentou a praza onde se celebran as festas. O plan de obras tamén contemplou o arranxo da pista colindante.

O acondicionamento de As Chairas acaba de rematar recentemente coa instalación dun novo alumeado público. O alcalde de Cortegada, Avelino de Francisco, referíase a este proxecto no senso de que 'esperamos que tódolos veciños de Louredo disfruten con elo'.


RÚA

As autoridades municipais tamén manifestaron a súa satisfacción polo bo resultado que está dando a colocación de bolardos na rúa Hermanos Álvarez. Con esta medida, o Concello conseguiu evitar o estacionamiento indebido de vehículos, que na maioría das veces invadían as aceras deteriorando o firme. Esa rúa tamén desixou de ter doble dirección para ter un sentido único na circulación de vehículos.

Te puede interesar