A mellora da estrada de Beade a Carballeda rematará nun ano

En 10 días iniciaranse as obras de mellora da seguridade vial na estrada OU-212, que comunica os municipios de Beade e Carballeda de Avia, cun investimento de 2,4 millóns de euros que aporta a Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras.
O delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, asegurou que o obxectivo desta actuación será 'a mellora das condicións de seguridade e transitabilidade da estrada', e consiste no ensanchamento da calzada e, en determinados puntos, na construcción de beirarrúas.

Outros traballos previstos ó longo dos vindeiros 12 meses son de saneamento, drenaxes, sinalización e instalación de barreiras nas zonas onde sexa necesario. O alcalde de Beade, Senén Pousa, amosou a súa satisfacción 'xa que iste é un proxecto feito polo goberno de Fraga e que estivo paralizado ata agora'. Engadiu que 'era unha obra moi necesaria para comunicar os pobos do Ribeiro'.

Te puede interesar