O RIBEIRO

Melloras nas travesías de Cea Carballiño, Leiro e Ribadavia

<p></p>
photo_camera Francisco José Fernández, Ethel Vázquez e Marisol Díaz, onte no Concello de Leiro.

Infraestructuras e Vivenda inviste 450.000 euros en reforzar o firme e acondicionar drenaxes.

A Consellería de Infraestructuras e Vivenda executará este ano a rehabilitación do firme nas travesías da OU-209 e da OU-188 do Concello de Leiro, ademais da OU-187 en Cea, OU-172 en Carballiño e na travesía de Valdepereira, en Ribadavia. Estas obras, que se licitarán mañá terán un orzamento de case 450.000 euros e contarán cun prazo de execución de 6 meses, para rematar este ano, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Así o confirmaba onte a conselleira, Ethel Vázquez, durante o encontro de traballo que mantuvo co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e no que participou tamén a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz.

Ethel Vázquez referíase a que para a Xunta "o bo estado das estradas e a seguridade vial é unha prioridade", confirmando que o proxecto contempla "o reforzo do firme das cinco estradas e a mellora do drenaxe".“Estes son os principais motivos polos que se levarán a cabo as actuacións de reforzo de firme como as que imos executar en Leiro e que hoxe lle presentei ao alcalde na reunión que acabamos de manter”, aclarou.

En relación a Leiro, as obras contarán cun investimento próximo aos 240.000 euros e sumaranse a outras actuacións que están proxectadas en distintas vías pertencentes á rede secundaria da xunta das comarcas do O Ribeiro e do Carballiño, polo que, "en total imos destinar preto de 450.000 euros ao mantemento de estradas destes catro municipios", puntualizou a titular de Infraestructuras e Vivenda.

A inversión na OU-187 de San Cristovo de Cea ascende a 110.755 euros; na OU-172 de Carballiño, 65.551 euros, e á travesía de Valdepereira, en Ribadavia, destinanse 32.210 euros.

Finalmente, a conselleira de Infraestructuras e Vivenda, Ethel Vázquez, subliñou que “con estas obras obterase seguridade viaria e maior comodidade para o conxunto dos usuarios, sobre todo, para os máis de 23.000 veciños destes concellos ourensáns”. n
 

Te puede interesar