OBRAS

Novas beirarrúas e sinais para o parque empresarial de Ribadavia

A Corporación municipal chegou a un acordo para facer unha modificación orzamentaria para estas actuacións

A Corporación municipal de Ribadavia acordou onte por unanimidade unha modificación orzamentaria de 27.852 euros para contribuir ás obras de acondicionamento do parque empresarial, ubicado na localidade de San Cristovo. Os traballos consistirán no asfaltado de tódolos viales da área industrial, a construcción de beirarrúas e a instalación de nova sinalizacion horizontal e vertical.  O expediente estaba promovido polo equipo municipal de goberno, co obxectivo de que o pleno do Concello aprobase dita aportación, que corresponde a un 20% do custe total do proxecto, valorado en 139.261 euros, mentres a Xunta de Galicia consigna o 80% restante, 111.458 euros. 

O concelleiro de Economía, Javier Iglesias, amosou o seu agradecemento ós grupos políticos da corporación municipal polo seu apoio, e resaltou que "esta aportación faise gracias ó remanente de tesorería que ten o Concello na actualidade, e que nos permite afrontar este tipo de investimentos en obras importantes".

O edil socialista engadiu, ó respecto, que "traballando dende hai dous anos na mellora da xestión das arcas municipais, e xa comezamos a ver os resultados, o cal nos permite dispoñer de liquidez nunha época difícil". 

Te puede interesar