POLÍTICA

A oposición de Ribadavia acusa ao alcalde de non cumplir acordos do pleno

Ribeiro en Común dice que ya ignoró direz mociones en el actual mandato

O grupo municipal Ribeiro en Común de Ribadavia reivindicará no pleno do próximo xoves a execución das 10 mocións aprobadas no que vai de lexislatura e que "continúan paradas e sen levar a cabo", segundo afirma o portavoz, Brais Fidalgo. Nese sentido refírese ás presentadas polo seu grupo relativas a un proxecto de compatibilidade da xornada laboral de pais e nais na escola infantil;  reparacións e reformas na Casa da Cultura, nos locales sociales de Francelos e San Paio, e nos vestiarios do auditorio do Castelo. Tamén demanda a reparación das beirarrúas de Muñoz Calero e a solicitude ao Ministerio de Fomento dun proxecto de mellora da N-120 ao paso por Ribadavia. 

Este grupo tamén recorda que non se tomou ningunha medida para o control das colonias de gatos nas rúas, nin para a posta en marcha dunha rede de suministro de agua e saneamento nos pobos que non disoñen deses servizos.

Ademais, Ribeiro en Común reclama a execución das propostas aprobadas doutros grupos, como CxG, referida a unha sinalización axeitada para o municipio; para mellorar a vistosidade do entorno; relativa a buscar unha solución á precariedade do transporte de Ribadavia a Ourense; tamén sobre a limpeza e posta en funcionamento das fontes e para que o Concello proceda á reparación e restauración da iluminación existente no entorno das igrexas e prazas .

Sobre o Partido Popular, apunta que  tampouco se chegou a implementar a moción que presentou este grupo sobre a extensión do servizo de limpeza viaria a todo o municipio. "Aprobar unha moción significa adquirir un compromiso de executar o acordado", matiza Brais Fidalgo.

O alcalde, Ignacio Gómez, declaraba que "son catro grupos a facer propostas e as cousas levan o seu tempo porque o Concello ten as súas limitacións", destacando o acordo nestes días relativo ás bases dun plan de inserción sociolaboral, para contratar a sete persoas paradas durante seis meses.

Te puede interesar