MELLORAS

A oposición de Ribadavia pide outro centro de saúde

Deputadas de En Marea e membros de Ribeiro en Común visitaron o centro de saúde de Ribadavia para comprobar as necesidades máis urxentes

En Marea e Ribeiro en Común reclaman melloras urxentes no centro de saúde de Ribadavia e o inicio das obras das novas instalacións sanitarias proxectadas. Deputadas de En Marea e membros de Ribeiro en Común visitaron o centro de saúde de Ribadavia para comprobar as necesidades máis urxentes co fin de reclamar unha solución.

Ademais, despois de que a Consellería de Sanidade comunicara que o Concello non presentou a documentación completa relativa aos terreos do futuro centro de saúde, reclaman que "Xunta e Concello, se deixen de máis escusas e chapuzas, e garantan xa o inicio do novo centro, cuxo proxecto debe ser orzamentado e licitado". 

Te puede interesar