O RIBEIRO

Ourense acolle o certame mundial de tempranillos

A cita será en novembro e incluirá un concurso de brancos galegos.

Durante os días 8, 9 e 10 de novembro de 2016, Ourense vestirase de gala para acoller a undécima edición do Concurso Internacional Itinerante “Tempranillos ao Mundo” e o “Certame Internacional de Viños Brancos Galegos”. A organización correrá a cargo, de forma conxunta, da Federación Española de Asociacións de Enólogos e a Asociación Galega de Enólogos, e contará como colaboradora activa coa Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), de Leiro, co apoio da Deputación.

O principal obxectivo do concurso é recoñecer a aqueles produtores que seguen a traballar e apostan pola calidade na elaboración de viños cunha variedade tan representativa como a uva tempranillo. Ademais, nesta edición, quérese valorar a todos aqueles elaboradores galegos que apostan por unha elaboración, zona, estilo e personalidade tan marcada coma posúen os viños brancos, convocando o “Certame de Viños Brancos Galegos”, que ten espertado un gran interese nas adegas das distintas Denominacións de Orixe, xa que por vez primeira competirán entre si viños das diferentes zonas e de distintas variedades.

Te puede interesar