INSTALACIONES

A plataforma manterá a campaña para cambiar o proxecto dos Xardinillos de Ribadavia

O goberno ribadaviense afirma que a obra xa foi adxudicada pola Deputación

O actual estado do parque dos Xardinillos suscita queixas dos pais polas deficiencias que presenta.
O actual estado do parque dos Xardinillos suscita queixas dos pais polas deficiencias que presenta.
A plataforma manterá a campaña para cambiar o proxecto dos Xardinillos de Ribadavia

A plataforma en defensa dos Xardinillos de Ribadavia mantén a súa loita para modificar ou paralizar o proxecto de reforma. O próximo paso que van a dar é unha campaña de "limpeza" do seu nome, tralas críticas do goberno ante as súas reivindicacións, para demostrar que o que están a esgrimir é verdade.

Dende a plataforma aseguran que trátase dun acto de vontade, e que si se quixese facer un cambio no proxecto, non se poñerían trabas. Afirman que noutros concellos estiveron na mesma situación e conseguiron unha modificación. "Seguiremos facendo cousas, manifestándonos, convocando ó maior número de persoas que poidamos que apoien as nosas ideas", en palabras de Pepe Caracas, un veciño que forma parte da plataforma.

O pasado xoves, os grupos da oposición aprobaron unha moción no pleno municipal respaldando as reivindicacións da plataforma. A petición da agrupación veciñal é que non se instale a minipista no parque, colocada ó carón do ceminterio e que se inclúa a construcción de baños públicos, o arranxo do areeiro e a reposición de árbores secas e a plantación de novos exemplares, para aumentar a masa arbórea. Aseguran que as melloras que solicitan xa foran aprobadas o ano pasado e nunca se levaron a cabo.

A oposición ribadaviense cre que o parque debe seguir sendo un espazo para compartir entre pequenos e maiores, e que na vila sobran zonas para facer deporte. Tamén din que, se dende o concello queren seguir ca idea de colocar a pista deportiva, que non sexa no lugar escollidos, reducindo á metade o espazo do areeiro.

Pola súa parte, alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, segue defendendo o proxecto de reforma dos Xardinillos, acolléndose á súa legalidade e que xa foi adxudicado pola Deputación. Gómez tamén comenta que no momento de aprobar a obra intentouse que se respetase o estado orixinal da zona e que o que pretenden ca minipista deportiva é que non haxa conflictividade entre as persoas maiores e os rapaces que veñen a xogar ó parque.