CONCILIACIÓN

O PP de Ribadavia pide máis servizos de conciliación familiar na vila

 O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de presentar unha moción para o seu debate no pleno do mes de xullo instando ao goberno municipal á creación dun servizo de conciliación familiar,

 O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de presentar unha moción para o seu debate no pleno do mes de xullo instando ao goberno municipal á creación dun servizo de conciliación familiar, que consista nun servizo de gardería dende as 7,30 horas ata a entrada no colexio, e dun servizo de almorzo saúdable para aqueles que o demanden.

Segundo o voceiro do grupo popular, César Fernández, “a implementación dun servizo destas características pode ter unha doble utilidade xa que, dunha banda, contribúe a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, e, por outra, pode permitir atraer familias da contorna". O edil PP engade que "se as contas están tan saneadas coma din, repercutan na mellora da calidade de vida da veciñanza", coa creación de novos servizos, moi necesarios e demandados, coma o de conciliación familiar.

Te puede interesar