Presentación de tres libros sobre heráldica no Museo

 

O Museo Etnolóxico de Ribadavia presentará hoxe, ás 20,00 horas, un interesante conxunto de tres libros relativos á Heráldica, as Linaxes e a Xenealoxía do Ribeiro, dos que é autora María Luisa Álvarez-Montero y Montaos. A prsentación do acto correrá a cargo de José Ramón Pousa, profesor de

Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. A dirección do museo conta tamén coa presenza de Carlos Acuña, presidente da Asociación de Heráldica de Galicia.

A entrada é libre para todas as persoas interesadas en asistir a este acto cultural.

Te puede interesar