O RIBEIRO

O programa sobre “Viño e literatura" comezará o 25 de outubro en Vigo

O obxectivo destas xornadas será vincular a cultura do viño coa gran literatura no ano de Cervantes

A xerente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Cristina Alcalá, o historiador Xavier Castro e o poñente e catedrático de xeografía física da Universidade de Santiago, Augusto Pérez-Alberti, presentaron onte as Xornadas de Outono: Cultura do Viño e Literatura, que organizan conxuntamente co Vicerritorado de Cultura da USC . As Xornadas de Outono: Cultura do Viño e Literatura súmanse á conmemoración dos 400 anos da morte de Miguel de Cervantes. Este mes de outubro terá lugar a primeira das actividades que se sucederán ata o mes de decembro celebrándose nas distintas cidades galegas así como en Madrid e Barcelona

Este programa, que Foi presentado onte no vicerritorado de Estudantes, en Santiado de Compostela, ponse en marcha cunha mesa redonda o vindeiro 25 de outubro, en Vigo. Nela participará Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, e versará sobre “O Ribeiro, lingua e literatura”.

Te puede interesar