O RIBEIRO

O PSdeG de Leiro impulsa un plan para rehabilitar todas as fontes

O PSdeG considera que é responsabilidade do Concello de Leiro a recuperación e posta en valor do patrimonio

Os socialistas de Leiro anuncian que van a impulsar un plan de rehabilitación, conservación e posta en valor das fontes dos diferentes pobos do municipio. O portavoz do PSdeG, Manuel Rodríguez, sinala que "trátase dun plan para que desde o concello se poña en marcha a rehabilitación, conservación e posta en valor das fontes e para que solicite ás distintas administracións unha subvención para a posta en marcha de esta iniciativa". 

O PSdeG considera que é responsabilidade do Concello de Leiro a recuperación e posta en valor do patrimonio, para evitar que se deteriore "de forma irremediable e incluso chegue a desaparecer co paso do tempo".

Afirman os socialistas que hai en todo o concello moitas fontes abandonadas, ás que en algunhos casos non se da chegado pola maleza ou non existe un acceso pavimentado que permita acceder con facilidade, "fontes en pobos que en moitas ocasións os propios veciños foron arranxando ante a falta de iniciativa e parálise do goberno municipal", indican.

Por todo elo, este grupo da oposición pensa que se debe facer unha intervención urxente para a conservación e mantemento das fontes, "para que recuperen todo o seu esplendor e restablecendo así e poñendo en valor o gran patrimonio do noso concello", conclúe o portavoz na Corporación de Leiro, Manuel Rodríguez.

Te puede interesar