reformas

O PSOE de Cortegada pide o arranxo do acceso a Vilela

 O grupo municipal socialista de Cortegada vén de queixarse do descuido que ten o goberno municipal con moitos pobos do término municipal,

 O grupo municipal socialista de Cortegada vén de queixarse dop descuido que ten o goberno municipal con moitos pobos do término municipal, Neste sentido, o voceiro do PSOE na Corporación, Alberto Dantas, pon como exemplo que, na aldea de Refoxos, "a fonte está sen auga debido a que non se adicaron a limpar o nacente da mesma".

O edil socialista tamén apunta que o Concello gastou 50.000 euros nun proxecto de obras para o acondicionamento da pista que comunica as localidades de Valongo e Refoxos, de case tres quilómetros, "e somentes se parcheou menos dun quilómetro cunha rega de alquitrán".

Finalmente, Alberto Dantas solicita a colocación dun contedor para depositar o lixo en Vilela e que se arranxe "a entrada deste pobo para permitir que poida entrar o camión que fai o servizo de recollida", xa que hai veciños maiores que deben recorrer unha costa para levar as bolsas. 

Te puede interesar