O RIBEIRO

O PSOE quere que o alcalde de Cortegada xustifique dietas

O grupo socialista insiste en que rexistrou dous días despois do pleno unha solicitude na que pedía a documentación correspondente aos pagos das dietas sen que se fixera entrega da mesma á oposición

O grupo municipal socialista de Cortegada afirma que hai máis de 6.000 euros sen xustificar dos gastos en dietas do alcalde no último ano da anterior lexislatura. O portavoz da oposición, Alberto Dantas, sinala que Avelino de Francisco "negouse a suministrar os xustificantes das mesmas,aportando soamente unha declaración xurada por un importe de pouco máis de 8.000 euros, cando a liquidación total ascende a 14.215".

O grupo socialista insiste en que rexistrou dous días despois do pleno unha solicitude na que pedía a documentación correspondente aos pagos das dietas sen que se fixera entrega da mesma á oposición, polo que se volveu a requerir o pasado xoves.

Pola contra, o alcalde Avelino de Francisco, opina que "non saben interpretar as contas porque é imposible facer un gasto en dietas sin que estean xustificadas pola secretaria e interventora". Sinala o rexidor que o orzamento contemplaba un total de 20.000 euros pa- ra gastos de protocolo, incluíndo dietas de todo o grupo de goberno e asistencia a plenos e comisións. Apuntou que so se gastaron entorno a 14.000 euros e que se aforraron eses 6.000, polo que se repartiron entre outras partidas para outros gastos.

"Non están xustificados como dietas porque non se gastaron", puntualiza o alcalde, quen asegura que a oposición ten o informe da secretaria a súa disposición. Engade o rexidor que "estas acusacións vounas poñer en coñecemento da secretaria porque é quen ordena e xustifica todos os pagos". 

Te puede interesar