o ribeiro

Razamonde disporá de pasos peonís na N-120

Travesía da estrada N-120 en Razamonde.
photo_camera Travesía da estrada N-120 en Razamonde (MARTIÑO PINAL).

O alcalde de Cenlle prevé que as obras poidan comezar no vindeiro setembro, cun investimento de 260.202 euros

O Ministerio de Fomento procederá nos vindeiros días á adxudicación das obras de construcción de novas beirarrúas en ámbalas dúas marxes da travesía da estrada N-120 (Logroño-Vigo) na localidad de Razamonde, no municipio de Cenlle. Trátase dun trazado no que existen tramos con beirarrúas en moi mal estado, mentres outros carecen de elas, polo que os veciños vense na obriga de invadir a calzada co conseguinte perigo de ser atropelados.

O alcalde de Cenlle, Gabriel Alén, comentou este luns que "unha vez rematado o prazo de exposición pública do proxecto, os técnicos do Ministerio xa procederon á apertura de plicas presentadas polas empresas interesadas na súa execución, e confiamos en que nos vindeiros días faráse a selección e a adxudicación definitivas das obras". O rexedor prevé que, de cumprirse este proceso, os traballos "poidan comenzar xa no vindeiro mes de setembro. O proxecto viña sendo moi demandado polos veciños de Razamonde dende hai máis de 15 años, ata que no 2018 o Ministerio de Fomento consignou a correspondente partida presupuestaria e convocou o concurso público para a súa adxudicación, a finais do mesmo ano, se ben este departamento xa se comprometera en 2015 á realización das obras.

Os traballos contemplan a construcción dos pasos peonís en toda a travesía da N-120, completando un total aproximado de dous quilómetros nas dúas marxes da calzada, cun orzamento inicial de licitación de 260.202 euros, que aporta íntegramente o Ministerio.

Te puede interesar