POLÉMICA

Recurrida a adxudicación de seis postos na Praza de Abastos de Ribadavia

<p></p>
photo_camera Edificio da Praza de Abastos de Ribadavia.

Desde Ribeiro en Comun sinalan que se incumprieon "dous regulamentos municipais e un informe da Secretaria municipal" e que as concesións "deben facerse de maneira aberta a través do concurso

O grupo municipal Ribeiro en Común de Ribadavia acaba de presentar recurso contra a adxudicación directa de seis postos na Praza de Abastos realizada directamente pola Xunta de Goberno, "e incumprindo así dous regulamentos municipais e un informe da Secretaria municipal, que recolle que as concesións deben facerse de maneira aberta a través do concurso e a libre concorrencia".

Segundo sinala o seu portavoz, Brais Fidalgo, a decisión da Xunta de Goberno supón o incumprimento da ordenanza do mercado municipal de abastos de Ribadavia, publicada no Boletín Oficial do 25 de xaneiro de 1993, "que no artigo 7 cita que a adxudicación dos postos fixos vacantes no mercado farase a través da oportuna concesión por concurso", sinala.

Tamén se refire no recurso o incumprimento da ordenanza reguladora da taxa denominada mercados de febreiro de 2015, que no seu artigo 5 recolle que a adxudicación ten que seguir o procedemento de concurso- poxa.

Te puede interesar