O RIBEIRO

Os Reis Magos contarán este ano con sete carrozas

O Concello de Ribadavia contará con todas as medidas de seguridade estipuladas, coa presenza de Policía Local, Grupo de Emerxencias Supramunicipal, Protección Civil e Guarda Civil

O Concello de Ribadavia realizará mañá a súa tradicional Cabalgata de Reis , que partirá ás 18,00  horas do IES O Ribeiro para percorrer as rúas Carballiño, Ribeiro e Progreso como é habitual, aumentando este ano o percorrido pola Avenida Redondela.  

A Comitiva Real estará formada por sete carrozas e a colaboración dos paxes da Cruz Vermella. Os Reis Magos acabarán a súa visita na Praza Maior, onde atenderán as peticións dos nenos. "Nesta ocasión haberá ademais unha sorpresa para os maiores en formato audiovisual, polo que non deben perder detalle de todo o que aconteza esa tarde/noite en Ribadavia", segundo sinala a concelleira de Cultura, María López Touza. 

Tamén, como cada ano, o Concello de Ribadavia contará con todas as medidas de seguridade estipuladas, coa presenza de Policía Local, Grupo de Emerxencias Supramunicipal, Protección Civil e Guarda Civil. "Aínda que ao tratarse de nenos toda medida é pouca, polo que pregamos aos pais estean pendentes dos cativos e teñan coidado cos vehículos rodados", recomenda.

Te puede interesar