O Concello incorpora tres contedores para dar cobertura ó sector de hostelería do centro
O equipo municipal de goberno de Ribadavia tentará mellorar o servizo de recollida de lixo durante as fines de semana no centro do casco histórico da vila, mediante un reforzo na brigada de operarios e o incremento da dotación de materiais. "O problema é que hai moita afluencia de visitantes nestes días, e elo repercute nos quilos de desperdicios que xeneran os establecementos de hostelería", subliña o alcalde en funcións, Ricardo González.
Por este motivo, os tres contedores ubicados na praza de San Xoán e nos que veciños e hosteleiros da contorna botan o lixo, aparecen completamente saturados nas mañás dos domingos, xornada que coincide co descanso do persoal adicado ó servizo de recollida. Así, dende o C0ncello tomouse a decisión de "solicitar da Deputación provincial un total de tres contedores para lixo orgánico máis grandes para o seu uso ata o mes de outubro", indica o concelleiro socialista.
Deste xeito, un par de traballadores das brigadas de limpeza encherán estes novos depósitos co lixo sobrante dos actuais, a fin de reducir o impacto visual da basura os domingos na devandita praza, na que está situada a igrexa románica de San Xoán. Finalmente, os seis contedores serán baleirados nos camións de recollida tódolos luns, unha vez que o servizo retome o seu funcionamento semanal.
Ricardo González solicita a colaboración da veciñanza e dos propietarios de locales comerciais e hosteleiros do centro do casco histórico de Ribadavia "para que utilicen con responsabilidade os colectores, e non deixen o lixo fóra deles". A medida tomada polo Concello tamén ten como obxectivo a mellora da imaxe cara os visitantes que se acheguen nas vindeiras semanas ata a vila, tendo en conta que os días 25 e 26 de agosto se celebra un dos eventos máis relevantes a nivel cultural, a Festa da Istoria, que atrae a miles de persoas.
Ademais, na segunda semana de setembro tamén se rexistrará bastante afluencia coincidindo coas festas na honra da Virxe do Portal, patrona de Ribadavia e da comarca do Ribeiro, coa xornada do día 8 como eixo delas.