CONCELLO

Ribeiro en Común demanda que se cumpran os acordos

No Pleno do pasado 28 de xullo aprobouse a moción que creaba un órgano de apoio, control e supervisión para as adxudicacións do Concello

O grupo municipal Ribeiro en Común de Ribadavia afirma que o goberno local socialista incumpriu unha moción aprobada polo Pleno ao non convocar á Comisión de adxudicación para a contratación de obras municipais. No Pleno do pasado 28 de xullo aprobouse a moción que creaba un órgano de apoio, control e supervisión para as adxudicacións do Concello, composto por unha parte técnica e outra conformada por un representante de cada grupo municipal. 

A función desta comisión está en que “avalíe e decida en cada situación a forma de adxudicación dos contratos públicos do Concello de Ribadavia: Procedemento aberto, restrinxido, ou negociado, segundo estipule a lei”, sinala. Por iso, Ribeiro en Común reprocha ao goberno a adxudicación dunha obra sin ter en conta a comisión. 

Te puede interesar