CONCELLO

Ribeiro en Común demanda un espazo para a oposición no Casa do Concello

Brais Fidalgo ten previsto dirixirse hoxe aos responsables municipais. E se non dan unha resposta satisfactoria, avanza, rexistrará un escrito plantexando de novo a petición, que tamén fará pública.

O grupo municipal de Ribeiro en Común en Ribadavia insiste unha vez máis na solicitude dun espazo na Casa do Concello para a oposición, ademáis de medios para desenrolar o seu traballo no concello. Asegura o seu portavoz, Brais Fidalgo, que "o goberno local socialista xa se comprometera a dispor do local durante o pasado mes de mayo, e que a última promesa ten que ver coa presente semana, sen que ata agora o confirmara".  

Por ese motivo, Brais Fidalgo ten previsto dirixirse hoxe aos responsables municipais. E se non dan unha resposta satisfactoria, avanza, rexistrará un escrito plantexando de novo a petición, que tamén fará pública. Fidalgo espera que o goberno local cumpra co compromiso adquirido no último pleno e se peche nesta semana a disposición do espazo. n

Te puede interesar