RIBEIRO

Os socialistas de Leiro instan a eliminar obras con amianto

O voceiro do PSdeG-PSOE, Manuel Rodríguez, considera "imprescindible e inaprazable" retirar o amianto das canalizacións de agua

O PSdeG-PSOE de Leiro vén de denunciar o vergoñento e perigoso desleixo do goberno local do PP coa protección da saúde da veciñanza deste municipio ourensán, logo de vetar o PP, durante o último pleno municipal, o debate dunha moción sobre a necesaria protección fronte ás construcións levantadas con amianto ou asbesto. Segundo os socialistas de Leiro, o rexedor conservador negouse a aceptar a urxencia da iniciativa, porque a "nosa proposta de acordo demanda que, como é lóxico, se inste a outras institucións públicas a colaborar neste inaprazable e necesario compromiso coa saúde das persoas, e polo tanto, a proposta nin chegou a ser debatida".

O voceiro do PSdeG-PSOE, Manuel Rodríguez, considera "imprescindible e inaprazable" retirar o amianto das canalizacións de agua e das restantes edificacións, e cre "fundamental" informar á poboación dos seus riscos.

Te puede interesar