Os viños do Ribeiro móstranse na Prowein 2013 de Düsseldorf

Dende onte e ata o vindeiro martes a Denominación de Orixe Ribeiro participa na feira ProWein 2013 de Düsseldorf, Alemania, feira internacional de referencia no sector que incrementa as cifras con respecto á súa anterior edición no 2012, onde a superficie de exposición bruta superou os 43.000 metros cadrados e a participación preto de 4.000 expositores procedentes de 47 países.
ProWein 2013 organiza a oferta do viño no mundo en oito pavillóns, dedicando a España o seu pavillón número 4. O Ribeiro acude a este evento como coexpositor de Vinos de España.

No expositor do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro están representadas as adegas Casal de Armán, a Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro (Viña Costeira), María Álvarez Serrano (Coto de Gomariz), Pazo Tizón e Pazo de Vieite.


HOXE, CATA

Todas elas participarán na cata de hoxe ás tres da tarde, e que estará dirixida polo experto alemán David Scharzwaelder.

Coa participación en ProWein as adegas da Demoninación de Orixe O Ribeiro aspiran a incrementar a súa cuota de representación en Alemania e en Europa, dada a excelente convocatoria desta feira sectorial que reúne aos principais produtores de viños e outras bebidas alcohólicas.

En ProWein danse cita minoristas e maioristas do sector, representantes das industrias hoteleiras e de cátering, e os principais importadores europeos.

Te puede interesar