INSTALACIONES DEPORTIVAS

O ximnasio de Castrelo disporá dunha bomba para calefacción

O ximnasio está aberto todo o ano e conta cunha sala de máquinas de musculación, bicicletas estáticas, cintas de andar e aparatos para ximnasia xeriátrica

O ximnasio de Castrelo disporá dunha bomba para calefacción

O Concello de Castrelo de Miño recibiu unha nova subvención de 7.387 euros do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), integrado na Consellería de Economía, Emprego e Industria, dentro da liña de axudas para proxectos de eficiencia enerxética. Con esta partida económica, o goberno municipal vai instalar un sistema de calefacción con bomba de calor para o novo ximnasio do pavillón municipal. O alcalde, Xurxo Rodríguez, apunta que esta mellora "estará finalizada no mes de outubro, e satisfai unha das demandas dos usuarios e usuarias das escolas deportivas que comezarán o vindeiro mes, xa que foi unha das súas solicitudes do pasado ano". O ximnasio está aberto todo o ano e conta cunha sala de máquinas de musculación, bicicletas estáticas, cintas de andar e aparatos para ximnasia xeriátrica, entre outros.