A Xunta Electoral di que o PP non infrinxiu a Lei

Rosendo Fernandez, afirmou que "o PP sempre actuou con exquisito respecto polo xogo democrático".

A Xunta Electoral resolveu, tras analizar seis denuncias presentadas polo PSdeG ao comezo ca campaña electoral, que o PP non fixo uso de medios públicos para realizar o que cualifica como "manifestacións puntuais" sobre proxectos de interese xeral. Así o sinala o PP de Ourense a través dun comunicado no que o seu secretario xeral, Rosendo Fernandez, afirma que "o PP sempre actuaou con exquisito respecto polo xogo democrático".

Rosendo Fernández lembrou, así mesmo, que "ata o de agora os únicos sancionados foron os propios socialistas, nomeadamente o alcalde de Ribadavia e depurato provincial, Ignacio Gómez, e o seu concelleiro de Facenda".

Rosendo Fernandez asegura que as mencionadas denuncias "non foron máis que un exemplo da desesperación dos socialistas,que pretendían gañar con toda clase de artimañas o que vían que sería imposible nas urnas". Rosendo Fernández ten claro que "estamos ante unha burda vinganza e malintencionada manobra dos socialistas, xa que, curiosamente, todas as denuncias referíanse a feitos ocurridos no ámbito da xurisdicción da Xunta Electoral de Ribadavia, que sí considerou que o alcalde, Ignacio Gómez, e o seu concelleiro de Facenda vulneraron a lei electoral nos comicios xerais de xuño impoñendo unha sanción a ambos os dous".

Te puede interesar