convenio

Coren e Abanca activan novas opcións de crédito

O convenio permitirá aos cooperativistas acceder a condicións melloradas na contratación de produtos bancarios

Abanca e Coren veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o acceso ao crédito aos preto de 3.200 socios desta cooperativa.

O director xeral de Coren, Emilio Rial País, e o director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra, rubricaron onte un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co sector primario galego. 

O convenio permite aos cooperativistas acceder a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos, anticipos, subvencións e impostos, leasing mobiliario, liñas de comercio exterior, confirming, avais ou liñas de desconto. 

Unha oferta que inclúese na unidade Abanca Agro, que agrupa un catálogo específico, xestores especializados e respostas adaptadas ás necesidades do sector. Precisamente o acento deste texto asinado onte recae no financiamento para a posta en marcha de novos proxectos e a mellora competitiva dos actuais.

Outro punto relevante do convenio da resposta ás necesidades de circulante das explotacións, grazas a unha póliza de crédito especialmente deseñada para atender diversas tensións de tesourería.

Os socios de Coren optarán ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. 

A entidade tamén porá a disposición xestores especializados en financiación ao sector agro-gandeiro e en materia de seguros. 

Te puede interesar