OURENSE

O alcalde de Rairiz de Veiga irá a xuízo por prevaricación

A acusación exercida polo edil do PSOE Eulogio Fernández Fernández subliña que dende o ano 2007 o alcalde ditou resolucións de alcaldía "con coñecemento da súa ilegalidade"

O alcalde de Raririz de Veiga, Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio (PPdeG), será xulgado por prevaricación continuada en marzo de 2015, a raíz da denuncia dun edil do PSOE presentada en 2010, nunha causa que foi arquivada en dúas ocasións polo xulgado de Xinzo de Limia e reaberta por senllas resolucións da Audiencia Provincial, a última en 2013.

O xulgado do Penal número 2 de Ourense, fixa a data para o xuízo oral o día 17 de marzo de 2015, ás 10,45 horas, para o que o Ministerio Fiscal "non formula escrito de acusación e pide o sobresemento provisional e arquivo das actuacións". A acusación particular quere a inhabilitación do rexedor durante dez anos e a defensa pide a libre absolución.

A acusación exercida polo edil do PSOE Eulogio Fernández Fernández subliña que dende o ano 2007 o alcalde ditou resolucións de alcaldía "con coñecemento da súa ilegalidade e a sabendas, en diversas materias da súa competencia", como contratos de obra, xestión de servizos públicos e de subministracións, "a pesar de coñecer os informes de reparo e as advertencias de ilegalidade que o facía o secretaria-interventora".

Os primeiros decretos de alcaldía denunciados son un de outubro de 2007 e outros tres de decembro dese mesmo ano, ditados por Rodríguez Ambrosio "a pesar de constarlle e coñecer a necesidade de seguir o procedemento legalmente establecido", segundo a acusación particular.

MÁIS PARA SUBVENCIÓNS E CONTRATOS

Outros 32 decretos, recollidos na acusación, refírense a subvencións e contratacións de persoal e foron ditados polo acusado "prescindindo total e absolutamente do procedemento, con coñecemento e a sabendas da súa ilegalidade, por advertencias que lle fixo a secretaria-interventora". Todos eles repartidos ao longo de todo o ano 2007.

En relación aos contratos temporais de persoal, segundo a acusación, "non se observou nin o principio básico de publicidade, malia ser preceptivo" e así, o acusado "evitou que puidesen concorrer a esas prazas e empregos calquera persoa".

Esa conduta continuaría durante os anos 2008 e 2009, pois neles "fixo contratación directa sen seguir ningún tipo de procedemento, de persoal laboral temporal, constándolle os informes de ilegalidade da secretaria-interventora,", polo que se considera que houbo delito continuado de prevaricación.

A actuación de Rodríguez Ambrosio cumpre os requisitos para tipificar ese delito, segundo a acusación, pois se trata do alcalde -autoridade ou funcionario público-, autor de resolucións en asuntos administrativos -neste caso en materias variadas-, que resultaron "arbitrarias" por ser "obxectivamente injustas"y ademais, ditadas a sabendas da súa inxustiza, é dicir, "o autor das resolucións discutidas actuou de forma dolosa e na conciencia de que faino á marxe do ordenamento xurídico".

O FISCAL NON ACUSA

A causa foi arquivada en dúas ocasións no xulgado de Xinzo de Limia, a petición do fiscal, e reaberta pola Audiencia provincial tras resolver outros tantos recursos da acusación particular.

A defensa pide a libre absolución e argumenta que as posibles irregularidades serían administrativas pero non penais. Nese sentido, explica que o concelleiro socialista denunciante "tivo coñecemento puntual dos feitos dende o primeiro momento, porque foron comunicados e con publicidade absoluta de todos os actos" polo que non constitúen infracción de tipo penal, segundo argumenta no seu escrito de cualificación.

Rodríguez Ambrosio foi elixido concelleiro en Rairiz de Veiga 1995 polo BNG, aínda que en 2009 deixou as filas do Bloque e na seguinte eleccións municipais, as de 2011, presentouse como candidato do PP e gañou a alcaldía, tamén por maioría absoluta.

Te puede interesar