PREMIO

Antón Pulido recibirá mañá o Premio Otero Pedrayo en Trasalba

photo_camera O artista ourensán, Antón Pulido, na súa exposición.

O pintor ourensán é un apaixoado defensor da figura do escritor

O pintor ourensán Antón Pulido será mañá o grande protagonista en Trasalba ao recibir o XXXIII premio Otero Pedrayo. O artista, natural dos Chaos de Amoeiro, é un apaixoado defensor da figura do Patriarca das Letras Galegas, a quen retratou cando era mozo.

O programa da xornada comezará ás 9,30 horas, cunha misa votiva en memoria de Ramón Otero Pedrayo, na capela do Santo Cristo, a cargo do deán honorario, Serafín Marqués. Seguidamente, ás 11,30 horas, o padroado da Fundación Otero Pedrayo reunirase na biblioteca do Centro de Estudos Oterianos. É ás 12,15 horas, arrancará o acto literario no salón de actos da Casa Grande en Trasalba, onde se presentará " Ramón Otero Pedrayo(1888-1976). Unha fotobiografía", previamente ao propiamente dito de entrega do premio Trasalba.

Presentarase o volume de homenaxe "Antón Pulido. Cantiga de fonte limpa" e o laudatio do premiado correrá a cargo de Bieito Ledo. As verbas do premiado porán o punto e final ao evento, para continuar un xantar de amizade no souto de Trasalba.

Conveciños

Á hora de concederlle o premio, a Fundación valorou a traxectoria artística do homenaxeado, a calidade e personalidade da súa obra como pintor e grabador, así como o seu vencello á figura de Ramón Otero Pedrayo, veciño das mesmas terras de Amoeiro.

Otero Pedrayo foi quen apadriñou a segunda exposición do artista no Museo Arqueolóxico de Ourense, en 1972, onde xa espuxera o ano anterior.

Te puede interesar