A escritora namorou ao xurado coa súa obra "As historias da ogra Pinta"
A escritora luguesa Ánxela Gracián gañou o XV premio "Pura e Dora Vázquez" de narración, convocado pola Deputación de Ourense, coa súa obra "As historias da ogra Pinta".
O xurado, que deu a coñecer a resolución durante a mañá deste mércores, salientou os "valores sociais moi importantes" da obra, como o de non ter "prexuízos". Ademais, o equipo profesional valorou que as historias se desenvolvan nunha pequena aldea galega, "cun entorno natural fermoso e cheo de feitizos".
Modalidade de Ilustración
Ábrese agora o prazo para a modalidade de Ilustración da obra premiada en narración, polo que os interesados en participar poden solicitar "As historias da ogra Pinta" a través do teléfono 988 317 790, ata o próximo 3 de setembro.
Como no eido narrativo, a este premio tamén poden concorrer traballos inéditos e orixinais que se axusten ás bases. A dotación do galardón é de 1.500 euros.