entrevista

Barquero: "Loitaremos pola maioría absoluta no Concello"

Barquero.
photo_camera Barquero

O gañador, José Ángel Vázquez Barquero, sostén que "non hai gañadores nin perdedores, gaña o PSOE". Mostrouse disposto a saír a gañar e deixa nas mans da executiva local e as bases a decisión de que De Prada poida integrarse na lista.

Como valora o proceso?

Novamente demos unha lección de democracia. Foi o proceso electoral máis limpo e máis aséptico que se recorda na política desta cidade. Puídose comprobar no debate. Cada un tiña o seu modelo e os seus sinais de identidade, pero non son modelos refractarios. Calquera dos dous tiñamos a capacidade para encabezar a candidatura sen ningún problema. Esta é a filosofía da nosa organización, darlle os parabéns á militancia. O PSOE continúa dándolle ao resto de organizacións políticas.

Cal será o seu proxecto?

Concorreremos cun programa electoral que non o fai un candidato. Haberá un programa marco e a partir de aí os distintos estamentos farán as súas aportacións, pero o  ADN dos socialistas todo o mundo o coñece.

Irá a súa rival nas listas?

O Comité Federal aprobou unhas normas para elaborar as listas, ao final son as bases as que se pronuncian e no seu momento haberá un proceso que deberán refrendalo as bases. A min gustaríame levar a calquera militante que estea disposto e que teña o refrendo das bases.

Non foi refrendada xa?

Agora estabamos a discutir o cabeza de lista. O seguinte paso é un proceso de listas abertas. Elena concorrerá, se así decide; non sei a sua disposición, e veremos a opinión da militancia. Eu nestas cuestións son moi orgánico e normativo. Serán os militantes os que digan quen irá nas listas

O resultado foi máis apretado do que se especulaba...

Aquí non hai enquisas válidas. Os militantes repartiron o voto desta maneira. Hai un número significativo de votantes que votaron a Elena e outro a min. 

Que mensaxe pode dar aos votantes? Tense dito que representa o continuismo...

Estamos a falar dun partido de máis de 100 anos de historia. Calquera que se presente continúa coa acción política dunha organización máis que centenaria. Entrar a falar de continuísmo non ten ningún sentido. O PSOE non naceu onte, non se vai presentar por primeira vez, ten moita bagaxe, moita historia e moito traballo feito. O resultado do vindeiro maio será un cúmulo de moitas cousas que despois de máis de 100 anos levamos feito os socialistas. Os votantes teñen memoria e saben cales eran as nosas posicións no pasado e cales son no momento actual. O PSOE concorre a todas as eleccións para gañalas. Saímos a gañar as vinderas eleccións. Saimos a loitar pola maioría absoluta e  todos os compañeiros están traballando para iso. 

Te puede interesar