Os asistentes destacaron a historia diferenciada de Galicia que aporta o homenaxeado

Barreiro recibiu o Premio Trasalba pola súa traxectoria

Xosé Ramón Barreiro, a la izquierda, recibe el galardón de manos de Villares. (Foto: José Paz)
Xosé Ramón Barreiro Fernández recolleu onte o Premio Trasalba 2010, que lle entregou Xosé Manuel Beiras, galardoado na anterior edición. A festa literaria tivo lugar na Casa Museo Ramón Otero Pedrayo, onde previamente se celebrou a reunión do Padroado da Fundación Otero Pedrayo, organizadora do evento.
Ante un auditorio repleto, o presidente da fundación, Víctor Fernández Freixanes, referíase a que en Galicia hai dous espacios simbólicos do patrimonio galego, un deles é a casa de Rosalía de Castro e o outro a casa na que se estaba desenrolando o acto. 'O Premio Trasalba convocámolo en torno a unha persoa viva e activa que representa o espíritu de Ramón Otero Pedrayo, e acordouse que fose Barreiro', sinalou o presidente.

Xesús Alonso Montero fixo a presentación a continuación do libro 'Poesía de Ramón Otero Pedrayo', publicado pola Editorial Galaxia e a propia fundación. Alonso Montero tivo antes de nada palabras de elogio para Marcos Valcarcel, que xa traballara nun recopilatorio poético de Pedrayo. En relación o novo libro, indicou o autor que 'levo 30 anos tratando de atopar versos de Otero Pedrayo'.

Desta maneira, destacou ó poeta en galego e tamén a súa figura como traductor, matizando que 'tiña moita poesía pero pouca publicada'. O mesmo tempo que incidía en que 'foi tamén un poeta político e clandestino'. Montero concluía manifestando que 'hoxe damos aquí unha mostra da súa obra inédita'.


HISTORIA

O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín ensalzou a obra do homenaxeado. 'Este é un premio que lle cae dun xeito perfecto a obra de Barreiro', apuntou. Na súa opinión, aporta elementos de xuicio, 'para chegar a formar ideas propias sobre o pasado, é un suscitador do pensamento histórico'. Destacando a analise diferenciada da historia de Galicia que evidencia o seu traballo. Asemade, Ferrín destacou a súa laboura durante oito anos como presidente da Real Academia Galega, porque 'soubo sair ó encontro das masas en actos e convocatorias que serán recordados'.

Xosé Ramón Barreiro empezou a súa intervención decindo que 'pouco importa quen sexa o destinatario do premio, aquí vimos a depositar os nosos votos e promesas de fidelidade a unha patria'. Na mesma línea, engadiu que 'estamos convocados a construir este país', reclamando o respeto a tres valores fundamentales: a democracia, a liberdade e a identidade de Galicia'. Según matizou, 'non podemos deixar a responsabilidade de construir o país en mans únicamente dos políticos e institucións'.

Barreiro recibiu o libro de homenaxes diseñado para a ocasión e asinado polos membros da fundación, tamén unha placa conmemorativa, que lle entregou o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e unha mensaxe de Díaz Pardo dende o complexo hospitalario da Coruña.

Na mesa presidencial tamén estivo o director xeral de Cultura, Francisco López Barxa.

Te puede interesar