O BNG pide que a nova residencia sexa pública

Luis Seara, Noa Presas, Rhut Reza e Iago Tabarés.
photo_camera Luis Seara, Noa Presas, Rhut Reza e Iago Tabarés.
Luis Seara defende aos funcionarios dos “ataques” de Jácome

Os deputados Noa Presas e Iago Tabarés e os concelleiros Rhut Reza e Luis Seara veñen de reclamar que a xestión da nova residencia de maiores proxectada nos terreos que até poucos meses ocupaba a estación de autobuses da cidade sexa “cen por cen” pública. Presas avanzou que o BNG levará a pleno no Parlamento de Galicia a vindeira semana unha iniciativa na que reclamará que a xestión dos sete xeriátricos previstas nas principais cidades sexan “públicas e directas”. Para a deputada, “facemos esta petición dentro do marco dun novo modelo de residencias porque avaliamos que logo da covid unha das leccións máis importantes que temos que aprender como país é que a atención ás nosas persoas maiores non pode estar en mans privadas”. 

No que respecta ás declaracións feitas polo alcalde nas que cargou contra os funcionarios do Concello, Luis Seara afirmou que “o alcalde emprega aos traballadores do Concello coma se fosen un escudo e unha coartada para non asumir a súa propia incapacidade”, engadindo que “ desde o BNG levamos denunciando isto desde hai moito tempo”. n

Te puede interesar