O BNG quere que as rúas recuperen o seu nome medieval

O grupo municipal do BNG no Concello de Ourense quere que o Casco Histórico da cidade recupere a toponimia medieval. Os nacionalistas lembran que a Corporación municipal xa aprobou en 2000 unha moción con tal finalidade e consideran que 13 anos 'é tempo suficiente para recuperar a toponimia histórica medieval do Casco Vello da cidade'. Por iso, preguntaron no Concello que pasos se deron para restaurar os nomes tradicionais destas rúas da cidade.
Foi o 7 de abril do ano 2000 cando o entón grupo municipal do BNG presentou unha moción solicitando restaurar os nomes das rúas e prazas do Casco Vello, nomes de orixe medieval que se conservaron até o século XIX, a saber, a rúa do Pomar, rúa dos Zapateiros, rúa de Cima de Vila ou a rúa das Olas, entre outras. Na vez da súa conservación, 'o que aconteceu foi que o afán dos gobernantes da época impuxo nomes pomposos, reivindicadores de supostas glorias imperiales que xa daquela parecían antiguallas', aseguran os nacionalistas, en referencias a rúas que aínda se conservan hoxendía, como é o caso de Pizarro, Lepanto, San Quintín, Hernán Cortés ou Juan de Austria.


PROPOSTA APROBADA

Aiínda que no ano 2000 tanto o PP -entón no goberno da cidade con maioría absoluta- como o PSOE aprobaron a proposta nacionalista, mais as rúas e prazas seguen sen recuperar os seus nomes. Por isto, o BNG vén de solicitar información sobre os trámites realizados ó respecto. No caso de non atoparen resposta por parte do grupo de goberno, os nacionalistas prevén levar a súa proposta ó próximo pleno en forma de moción.

Te puede interesar