Camilo Dasilva renova a imaxe do banco de Puga, en Toén

29749039610218272284638387228180869184921081n_resultado
photo_camera 29749039610218272284638387228180869184921081n_resultado
O artista urbán ourensán Camilo Dasilva deulle un lavado de cara ao “banco máis bonito do mundo”, no concello de Toén. Esta instalación, ubicada en Puga, ofrece unhas espectaculares vistas do Ribeiro. Agora, este banco amosa unha representación gráfica do máis senlleiro desta comarca que se observa dende el, destacando a produción de viño e a paisaxe única. A veciñanza de Toén aplaudiu esta medida e ao seu autor. Tamén foron varios os visitantes que celebraron esta renovación, entre eles os ciclistas que realizan rutas polo concello e aproveitan para facer unha foto neste punto xa icónico do municipio de Toén.

Te puede interesar