ANDAINA

O Campus idea unha nova ruta cultural pola Ribeira Sacra

A andaina conleva a celebración de un magosto na área recreativa da Loña e unha parada en Santo Estevo

nnnA programación de rutas culturais que organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo aínda ten unha cita pendente. Será o 10 de decembro e consistirá nun percorrido pola Ribeira Sacra que rematará cun tradicional magosto. Como vén sendo habitual, arredor de 80 persoas, na maior parte ligados a universidade, participarán nesta actividade lúdica. 


A andaina seguirá o itinerario Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, Pombar, Cortecadela, Ermida Virxe do Monte, Arcos, Covas A Palleira e Área Recreativa de Loñoa, onde terá lugar o magosto. Serán en total arredor de 21 quilómetros de percorrido cunha dificultade media.


A ruta inclúea a realización dunha parada interpretativa no Mosteiro de Santo Estevo. Tamén se celebrará un sorteo de agasallos entre os participantes.


Os interesados dispondrán de autobuses dende os campus de Ourense, Pontevedra e Vigo. Nesta ocasión, a saída desde Ourense é ás 09.00 horas.


Os nove primeiros quilómetros da ruta son de subida pero os once restantes son de baixada e durante todo o percorrido poderase ver paisaxes e vexetacións moi diversas, según o coordinador da iniciativa, José García Calvo. 

Te puede interesar