MITEU

Cinco versións de Adán e Eva

uploaded_paraiso-1-_result
photo_camera Os actores de 'Paraíso' ensaian a obra que se estrea hoxe na MITEU.

Silda Alfaro e Sonia Rúa dirixen a actores universitarios en "Paraíso", cinco historias de relacións en parella

No ano 2010, Etelvino Vázquez dirixiu "Homes...Mulleres. O Paraíso Terreal", escrita polos dramaturgos María Armeso, Paula Carballeira e Santiago Cortegoso. Entre o elenco estaban Silda Alfaro e Sonia Rúa, que oito anos despois da estrea desta obra, retómana con novidades. 

A principal os actores,que agora son estudante universitarios da Aula de Teatro de Vigo, "moi diferentes ao elenco orixinal, son xente nova, con ideas frescas e que aportan outras cousas-explica Silda Alfaro-, nunha obra que é para xogar, con escenas que requiren moito ritmo e movemento, pero tamén  é ideal para aprender".  

A versión 2.0 desta obra, "Paraíso", estrease hoxe ás 19,00 horas no Teatro Principal no marco da MITEU. 

O tema central de "Paraíso" é o mundo da vida en parella, desde Adán e Eva. A través de cinco relacións, Alfaro e Rúa conseguen representar o que significa compartir o día a día con outra persoa, "empregando xéneros como o drama, a comedia ou a traxicomedia", explica Alfaro.

"Despois do comezo cos Adán e Eva orixinais, preséntase unha versión cómica dos amantes, para seguir con unha parella redicalmente diferente, só unida polo sexo; despois, unha historia de traición e, por último, unha matrimonio de ancianos no que podería ser unha residencia", resume Silda.

O trasfondo de "Paraíso" busca explicar que "non nos queda outra que entendernos cos demais, estamos condenados a iso - comenta Alfaro-, porque buscamos constantemente fuxir da soidade, dos medos  e atopar a alguén que nos queira". 


Unha baixa na MITEU


A programación deste martes da MITEU sufriu unha baixa. O elenco do espectáculo "El itsmo", da compañía marroquí ETM, non puido viaxar a España por problemas co visado. 

Os actores decidiron gravar a obra en Marrocos e emitirase á hora que estaba programada, ás 20,30, no Auditorio Municipal. A entrada será de balde. 

Te puede interesar