CULTURA

Un cineasta de Parada de Sil compite no Festival de Sevilla

cine
photo_camera Víctor Hugo Seoane, o xove cineasta coas raíces familiares en Parada de Sil.

Víctor Hugo Seoane participa co documental "Verengo", na sección adicada ó novo cine español

Víctor Hugo Seoane, un dos xóvenes valores do cine galego, está a competir no Festival de Cine Europeo de Sevilla, con “Verengo”, a sua primeira longametraxe que leva un título nada casual, pois ainda que naceu en Vigo, porque os seus pais estaban alí, as sú as raíces están moi chantadas na Ribeira Sacra, xa que seu pai é de Verengo e a sua nai de Teimende, dous pobos de Parada de Sil. Alí viviron e naceron os seus avós. “Íamos moitos fins de semana a Verengo e Teimende, pois a familia xuntábase para facer as faenas en común”, lembra.

“Sempre fun un neno moi televisivo”, dí, para explicar a sua querencia pola interpretación e o audiovisual. Formou parte do cadro de alumnos-actores do instituto Santa Irene, no que impartía clases Ferrín, se ben “nunca conseguín ser seu alumno”. Con ises vimbios non pode estranar que o cesto da persoalidade daquil rapaz tivera forma de esceario ou de plató e acabou matriculado en Comunicación Audiovisual e Humanidades.

Dende aquiles 18 anos xa non perdería a independencia, mais sen romper lazos co berce nin ca historia familiar. Pasou catro anos de estudante en Madrid, outro como Erasmus nunha escola de cine en Praga, seguido dun tempo en Granada e logo outros dous anos en Alemania.Voltou a Galicia en 2008 e fixo as duas primeiras curtas e, sen sabelo, empezou a xestar “Verengo”, a sua primeira longa que agora chegou a Sevilla.

“Documental da realidade"

Víctor defínea como “un documental da realidade, pois nas curtas sempre fixen ficción”, que xurdíu “dunha experiencia persoal e familiar. O retorno á terra coincidíu co achado dunhas cintas que meu pai gravara cando meu irmán era pequeno e tiña –o meu pai- mais ou menos a idade que eu teño agora”. “Nese contexto, unha tía preguntábame –era unha invitación- porque non ía a Verengo para filmar ós avós e facer un video de familia, que ela me pagaría”. Alí retomou o contacto co rural da infancia e topouse outra vez ca Ribeira Sacra.

“Empecei a ir cada pouco, cada vez mais tempo, sobre todo en 2009 e 2010, durante cinco anos, de xeito que o que empeozu nun retrato familiar acabou a coller forza e vin que merecía a pena”. Do certame compostelán Cineuropa pedíronlle se podía mandar “algo novo” e enviou unha montaxe do documental. Aquelo gustou, así que “empezaron a animarme a darlle mais corpo”, polo que “seguiu evolucionando e crecendo como película, que ao que chegou agora”.

Apunta Víctor Hugo Seoane que o proxecto dilatouse no tempo “porque non entendía como remátalo”. Nese tempo “naceu o meu fillo, que resultou determinante para a historia, pois ise acontecemento deulle novo sentido ó traballo, con reflexións sobre o paso do tempo, sobre todo nese lugar tan conectado aos ciclos biolóxicos… así como o paso xeneracional e familiar”.Paralelamente a todo iste proceso, no 2010 foi ó mítico centro educativo de O Pelouro, en Tui. “Cheguei alí para facer unha curta e acabeime quedando como profesor”.

Te puede interesar