Cita para limpar o acceso ó abside de Santo Estevo

O Sorriso de Daniel, a asociación creada en Compostela no ano 2010 co ánimo de promover o románico galego, está a organizar para o vindeiro 20 de abril unha xornada de limpeza na contorna do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, no concello de Nogueira de Ramuín. O colectivo explica que Santo Estevo de Ribas de Sil ten unha das ábsidas máis singulares do románico galego, pero que éste non se pode disfrutar como se merece pola presenza dunha cancela que impide o paso.
A asociación O Sorriso de Daniel decidiuse a falar con todalas partes implicadas (Diócese de Ourense, cura de Santo Estevo, director do Parador e a familia propietaria da finca), e facer unha proposta: 'Nós limpamos a contorna da igrexa co fin de que os visitantes poidan este verán chegar ao pé dos muros e despois a porta ábrese', subliñan.

A primeira convocatoria está prevista para o día 20 ás 11,00 horas diante do mosteiro e, por mor de organización, os interesados deberán confirmar a súa participación no correo electrónico [email protected].

Te puede interesar