SISTEMA TRIBUTARIO

Coles materializa unha rebaixa do IBI ao mínimo que di a lei

Unha vez que foi aprobado polo pleno e exposto de forma pública durante un mes, quedou definitivamente aprobada a rebaixa, cumprindo así coas previsión contempladas nos orzamentos de 2019

Coles materializa a rebaixa do Imposto de Bens Inmobles (IBI) a o tipo mínimo de gravame municipal que permite a lei, quedando no 0,.40% para as edificacións de natureza urbana e 0,30% para os inmobles de natureza rústica. Unha vez que foi aprobado polo pleno e exposto de forma pública durante un mes, quedou definitivamente aprobada a rebaixa, cumprindo así coas previsión contempladas nos orzamentos de 2019. 

Así, a partir deste ano rexe xa o tipo mínimo impositivo á hora de pagar a factura do IBI en Coles. O que si actualizou, no pleno de xaneiro, foi a taxa pola depuración de augas residuais e mais polo subministro de auga potable. 

O PP de Coles criticara a finais do ano pasado "irregularidades" na suba ao aplicarse o IPC interanual e non o que se recollía na cláusula, que indicaba que se debía ter en contra a variación dos prezos só de setembro de cada ano. Neste caso, o alcalde de Coles, Manuel Rodríguez, lembrou que o PP leva "oito anos na oposición e isto data de 1999, polo que xa se viña cobrando así na súa etapa de goberno". En todo caso, aludiu a que neste 2019 vence a concesión da auga e anunciou que á próxima adxudicataria obrigaráselle a cumprir esta cláusula. 

A modificación da ordenanza aprobada en pleno déixase a conexión á rede da auga potable en 253,81 euros, máis 3,82 euros por cada metro de tubaxe que exceda de catro. Ademais, sitúa en 3,08 euros o pagamento trimestral para a conservación de contadores e una tarifa mínima obrigatoria de 14,56 euros, segundo se recolle no novo texto. 

Te puede interesar