A aparición de augas fecais debido á rotura dunha rede de saneamento particular non afecta á Estación de Tratamento de Auga Potable.
O Concello confirma que a aparición de augas fecais na rúa Nuño de Ousende, no barrio de La Milagrosa-Cruz Alta, débese á rotura dunha rede particular de saneamento. Concretamente, afecta a nove edificios na rúa Alfonso X O Sabio. Así pois, dende o Concello confirman que é responsabilidade dos propietarios reparar a obra.
Neste sentido, dende o consistorio desmíntese que ditos contidos poidan afectar á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETA).
A problemática dos vertidos foi detectado por un aviso no que se informaba da aparición de augas residuais en varios números da rúa Nuño de Ousende.
Técnicos especializados desprazáronse á zona e tras revisar o interior das tuberías, comprobaron que a fuga ten a súa orixe nunha acometida privada común de desaugue, que non pertence á rede xeral de saneamento municipal.